viernes, 28 de septiembre de 2012

Rueda anuncia para o primeiro sábado de campaña un acto en Pontevedra ao que asistirán 12.000 persoas

  • Indica que Novas Xeracións presentará mañá ante Alberto Núñez Feijóo as súas propostas sobre a xuventude para integralas no programa electoral do PPdeG
  •  Adianta que o domingo o partido presentará en Santiago un programa que, a diferenza do dos outros partidos, non será para gañar as eleccións senón para gobernar

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2012.-
O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o primeiro sábado de campaña os populares celebrarán un acto en Pontevedra ao que asistirán 12.000 persoas.

O secretario xeral do PPdeG avanzou que contarán con Mariano Rajoy para ese gran mitin e será o verdadeiro arranque da campaña electoral: un acto que se realizará co obxectivo de motivar a militantes e afíns, para que se dean conta de que é necesario mobilizarse.

Este evento, que Rueda definiu como o “acto talismán” ou o acto “de referencia” do PPdeG celebrarase co mesmo espíritu que no ano 2009 e no ano 2011.

Trátase, ademais, do acto que todo partido aspira a facer e só o PPdeG pode permitirse organizalo con esa envergadura e con esa concurrencia.

ACTO COA MOCIDADE E ACTO DO PROGRAMA ELECTORAL
O dirixente popular lembrou que Novas Xeracións celebrará mañá un acto con Alberto Núñez Feijóo para presentar o seu programa de propostas que posteriormente será incorporado, de xeito íntegro, no programa electoral do PPdeG.

Así mesmo, unha vez presentada a parte específica do programa referida á xuventude, o domingo o PPdeG presentará a totalidade do programa co que se presentará ás vindeiras eleccións e que, como destacou Rueda, será un programa de Goberno, pensado para aplicar e non para ser modificado por futuras coalicións.

Nese acto estarán presentes Feijóo e Pedro Puy, o coordinador do programa electoral, e desenvolverase no mesmo lugar e co mesmo escenario que o acto con Novas Xeracións, en aras da austeridade.

No que atinxe ao programa electoral, Rueda asegurou que non se trata dun documento para gañar as eleccións senón para gobernar, a diferenza do que sucede noutros partidos, que se ven obrigados a rachar os seus programas para facer pactos de goberno con outras formacións políticas.

Segundo Rueda, será un programa que se desenvolverá na súa integridade, sen renuncias de ningún tipo.

No hay comentarios: