viernes, 28 de septiembre de 2012

A Deputación de Pontevedra reduce este ano a súa débeda en 20 millóns de euros

13,9 xa estaban recollidos nos presupostos e mañá aproba no Pleno unha amortización extraordinaria de 6 millóns, procedentes dos remanentes dos organismos autónomos

A Deputación de Pontevedra reducirá a súa débeda este ano en 20 millóns de euros segundo informaron en rolda de prensa o seu presidente, Rafael Louzán, e mailo vicepresidente para asuntos económicos, José Manuel Figueroa. Os dous dirixentes provinciais explicaron que, desa cuantía, 13,9 millóns xa estaban recollidos nos actuais presupostos para amortizar débeda, e agora súmase a esa cantidade 6.071.202 euros nunha amortización extraordinaria que será aprobada no pleno da Corporación Provincial que terá lugar mañá, venres.

Figueroa dixo que que eu saiba, non hai ningunha Administración do Estado que reducira débeda nesta magnitude este ano e lembrou que, por riba, a Deputación de Pontevedra non acude a liñas de crédito este ano. O vicepresidente económico destacou que, froito da boa xestión da institución provincial, esa amortización extraordinaria de 6 millóns pode ser levada a cabo cos remanentes dos organismos autónomos. Con estas medidas, a débeda final da Deputación queda en torno aos 90 millóns.

Louzán afirmou que o esforzo da reducción de débeda mostra o firme compromiso da Deputación de Pontevedra coa imprescindible política de austeridade, axuste e reducción do déficit nas institucións públicas, algo que é necesario para que o crédito das entidades poida fluir máis facilmente para os sectores que xeneran emprego e riqueza.

No hay comentarios: