jueves, 4 de octubre de 2012

O PPdeG emprega medios propios na súa campaña mentres o PSOE viaxaba en Falcon do exército

Esta situación contrasta coa utilización partidista de medios públicos que fixeron en campaña electoral tanto o anterior presidente do Goberno socialista, Rodríguez Zapatero, como o ex presidente socialista da Xunta

Diante das información publicadas hoxe nos medios de comunicación respecto aos medios empregados polo candidato do Partido Popular de Galicia á Presidencia da Xunta de Galicia na súa recente viaxe por Arxentina e Uruguai, o PPdeG quere facer as seguintes aclaracións:

1.O PPdeG emprega os seus propios medios para facer campaña electoral, con cargo aos seus propios presupostos e coa colaboración dos seus militantes.

2.Neste sentido, o Partido Popular garante que as viaxes e actividades que organiza non costan un só euro aos galegos.

3.Esta situación contrasta directamente coa utilización partidista que os socialistas teñen realizado dos medios públicos de transporte cando tiveron responsabilidades de Goberno. Entre outros exemplos, cómpre recordar as viaxes realizadas no avión oficial Falcon 900 polo naquel momento Presidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero e os seus ministros  durante a campaña electoral do ano 2011 ou do anterior Presidente socialista da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, cando se valía do coche oficial para asistir aos mitines electorais organizados polos socialistas en toda Galicia.

4.O candidato á Presidencia da Xunta polo Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, utiliza sempre medios de transporte do PPdeG nos actos de campaña que non supoñen custo algún para os galegos, algo que o poiden comprobar todos os que asisten a estes actos e os propios medios de comunicación.

No hay comentarios: