jueves, 4 de octubre de 2012

O PPdeG estrea hoxe a páxina oficial de Alberto Núñez Feijóo

Trátase de dous dominios, www.galiciaconfeijoo.com e www.feijoocongalicia.com, que compartirán contidos e contarán cun buzón de contacto para dirixirse a Alberto Núñez Feijóo

A elección destes dous espazos pretende simbolizar a reciprocidade entre Feijóo e Galicia e nela haberá tamén unha sección para o perfil do candidato nas redes sociais


O PPdeG estrea hoxe, víspera do inicio da campaña electoral, a páxina web oficial do candidato á presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Trátase de dous dominios, www.galiciaconfeijoo.com e www.feijoocongalicia.com, que compartirán contidos e inclúen, ademais dun perfil do candidato para coñecer máis de preto ao presidente do PPdeG e de espazos de tipo audiovisual, un buzón de contacto para dirixirse a Alberto Núñez Feijóo.

A páxina crecerá en contidos e seccións ao longo da campaña e pretende ser un lugar de acceso sinxelo á filosofía política e incluso ao perfil humano do candidato do PPdeG.

A elección destes dous espazos pretende simbolizar a reciprocidade entre Alberto Núñez Feijóo e Galicia e nela haberá tamén unha sección para o perfil do candidato nas redes sociais.

No hay comentarios: