viernes, 24 de mayo de 2013

'Interitmos' arranca a selección dos grupos tradicionais que participarán o 29 de xuño en Mos no 'I Certame Folclórico' deste proxecto cultural internacional

Sandra Alonso, presidenta do AGDR de Vigo-BaixoMiño: "O obxectivo do programa é fomentar o desenvolvemento cultural do noso territorio"

Marta Iglesias, deputada provincial: "Nos municipios hai máis dun milleiro de grupos e solistas tradicionais cos que pretendemos poñer en valor o noso folclore"

Sara Cebreiro, concelleira de Cultura de Mos: "Invitamos a todos os galegos a disfrutar do certame que terá lugar no Auditorio de Mos"


A presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural do Área intermunicipal de Vigo-Baixo Miño (AGDR), Sandra González, presentou esta mañán, xunto coa deputada provincial Marta Iglesias e a concelleira de Cultura de Mos, Sara Cebreiro, o vindeiro "Certame Folclórico Interitmos", enmarcado neste proxecto internacional de promoción cultural do territorio.

O acto, que tivo lugar na sede viguesa da Deputación de Pontevedra, serveu para abrir formalmente o prazo de presentación dos grupos e solistas que optarán a participar neste certame, cuxos premios van dende a grabación dun CD coas pezas tradicionais do repertorio dos dous gañadores, ata varios accésit cos que se elaborará material promocional para o resto dos grupos agasallados.

Marta Iglesias explicou que a selección dos participantes levarase a cabo por parte dun grupo de expertos. O festival terá lugar no auditorio de Mos o vindeiro 29 de xunio, data na que a concelleira mosense de Cultura, Sara Cebreiro, aproveitou para "invitar a todos os galegos a participar desta festa cultural".

Sandra González suliñou a importancia do proxecto Interitmos, que ten un carácter internacional, conta cunha financiación de 500.000 euros do Ministerio de Alimentación e Medio Ambiente, e está promovido por un conxunto de grupos de desenvolvemento rural de varias comunidades autónomas, entre eles catro galegos (2 de Pontevedra, 1 de Ourense e 1 de A Coruña). "A intención é contribuir ao desenvolvemento dos territorios a nivel cultural", sinalou González.

A deputada provincial lembrou tamén que no área de Vigo-Baixo Miño hai perto de 1.000 agrupacións folclóricas coas que colabora a Deputación. E animou a todas elas " a participar desta selección e contribuir de xeito activo nesta iniciativa de promoción do noso territorio"

Interitmos
O proxecto de cooperación Interitmos persegue a caracterización, visibilización, recuperación, valorización e difusión do patrimonio musical tradicional dos espazos rurais, así como a contribución á promoción turística en rede dos territorios.

Entre as súas actividades figuran o estudio, investigación e interpretación do patrimonio musical destes territorios, así como a súa implicación como estratexia de desenvolvemento económico e productivo para os espazos rurais, a través da creación de productos turísticos musicais e culturais.

Trala fase de estudo e diagnose desenvolvida ao longo dos dous últimos años, o proxecto entra agora na etapa da posta en valor das iniciativas máis representativas da música tradicional. A intención é rematar coa elaboración dun proxecto de márketing, a creación de redes de transferencia de resultados de investigación, e a posta en marcha de plans de difusión que axuden a mellorar a promoción turística e cultural dos territorios.

No hay comentarios: