martes, 13 de noviembre de 2012

Caballero minte a sabendas sobre "supostos desahucios" da Xunta

Caballero minte cando "presume" de prohibir á policía local que participase en "supostos desahucios" desenvoltos tamen supostamente pola Xunta na cidade de Vigo. Nin houbo desahucios, nin se requeríu policía ningunha.

Con respecto á recuperación de 3 vivendas de promoción pública (VPP) na cidade de Vigo, dende a Xunta de Galicia se quere aclarar os seguintes aspectos:

1) Hai que resaltar que cada vez que o IGVS recupera unha vivenda de promoción pública é co obxectivo de que cumpra coa súa función social. As vivendas de promoción pública non poden estar desocupadas.

2) En 2012 o IGVS recuperou en Vigo tres vivendas de promoción pública, a través de senllos expedientes de recuperación da posesión de vivendas. Dúas das vivendas foron recuperadas no mes de marzo e a terceira en setembro. Nos tres casos trátase de vivendas que non estaban ocupadas polos seus adxudicatarios e incluso en dous dos casos estaban baleiras. Polo tanto o IGVS o que fixo foi recuperar tres vivendas para destinalas a familias que realmente o necesitaban.

3) Os 3 casos concretos foron os seguintes:

1. O adxudicatario falecera e a vivenda estaba baleira.

2. Adxudicada en réxime de alugueiro. A adxudicataria non ocupaba a vivenda, senón que vivía cunha filla noutro domicilio. Non pagaron nin un so recibo de alugueiro (72,37 euros/mes), polo que a débeda acumulada era de 9.046,01 euros (125 recibos impagados, 10 anos e medio sen pagar). A vivenda era usada por un fillo da adxudicataria, que a desaloxou voluntariamente.

3. Vivenda adxudicada en réxime de alugueiro. A vivenda estaba desocupada e o adxudicatario ingresado nunha residencia de Lavadores. Asinou unha dilixencia conforme facía entrega das chaves e renunciaba aos mobles e enseres que se atopaban na vivenda.

4) Nestes casos de recuperación de vivendas, solicítase sempre a colaboración municipal como apoio para a retirada e almacenamento de obxectos ou para a regulación do tráfico. No caso de Vigo, dende hai tempo o Concello denega sempre a súa colaboración indicando que os seus medios son escasos e que non está acreditado que o IGVS careza destes, pero en ningún caso cuestionan a lexitimidade das actuacións. Nalgún escrito, despois de denegar a colaboración, chegan a afirmar que manifesta a súa vontade de poñer á disposición do IGVS algún medio puntual do que careza a administración autonómica.

5) O máis importante é que unha desas tres vivendas recuperadas en Vigo xa está ocupada de novo. Adxudicouse directamente ás vítimas dun caso de violencia de xénero, por solicitude dos servizos sociais tanto da Xunta coma do Concello de Vigo.

6) Tendo en conta estes aspectos, dende a Xunta de Galicia soamente queda lamentar a utilización partidista que o alcalde de Vigo está a realizar cun tema de máxima sensibilidade social sobre todo nos momentos actuais.

No hay comentarios: