lunes, 18 de febrero de 2013

A Deputación propón a David Cal para o premio Príncipe de Asturias


A Deputación de Pontevedra propón a candidatura do piragüista David Cal para o premio Príncipe de Asturias 2013 no apartado de Deportes, segundo informou hoxe o seu presidente, Rafael Louzán.

Louzán indicou que Cal era “un emblema, un orgullo e un dos mellores embaixadores de Pontevedra” así como o deportista español máis laureado da historia das Olimpiadas. Razóns, según él, que xustifican sobradamente a concesión do premio.

En relación á súa posible marcha a Brasil, co seu adestrador Suso Morlán, sinalou que a Deputación ven sendo dende o ano 2006 un dos máis importantes soportes da actividade deportiva do piragüísta cangués. Confía en que outras instancias se comprometan para evitar a súa marcha e destaca que o problema deriva do ERE presentado na Federación de Atletismo e da próxima Lei de Mecenazgo deportivo que influirá na redacción definitiva dun novo Plan ADO.

“Confío que no prazo dun mes esas dúas cousas estean en vías de satisfactoria solución pois sería unha gran perda que o noso mellor deportista de todos os tempos tivera que sucumbir a unha tentadora oferta do Brasil”, concluíu.

No hay comentarios: