lunes, 18 de febrero de 2013

O Proxecto Life + Viñas atlánticas da Deputación foi elexido finalista dos prestixiosos premios da Fundación Fundetec


Fundetec é unha fundación (con sede en Madrid) para o Desenvolvemento Infotecnolóxico de Empresas e Sociedades creada en 2004 con presenza do sector público (Ministerio de Industria) e o sector privado, concretamente as empresas Google, Telefónica, El Corte Inglés, Intel, HP, ONO, Indra e Hibu.

A fundación xorde como resultado dun esforzo conxunto entre a administración pública e o sector privado para impulsar a adopción e o uso xeneralizado das TIC por parte de cidadáns, empresas e institucións, e incrementar o uso de Internet nos fogares españois e nas Pemes. No ano 2005, esta fundación creou os premios Fundetec co obxectivo de recoñecer proxectos das Administracións Públicas e das entidades privadas.

216 candidaturas
Este ano chegan a súa VIII edición e cóntase por primeira vez coa participación das 17 comunidades autónomas de España. As que presentaron un maior número de proxectos foron a de Madrid con 73 proxectos, seguida a gran distancia por Andalucía, con 28 proxectos, Cataluña con 25 e Castela e León con 20. No caso de Galicia presentáronse 14 proxectos. En total presentáronse 216 candidaturas.

A Deputación de Pontevedra presentou a estes premios, dentro da categoría "Mellor proxecto de entidade pública ou privada destinado a pemes, microempresas e autónomos", o proxecto "Life + Viñas Atlánticas". Este proxecto, desenvolto en colaboración coas Bodegas Martin Codax, Condes de Albarei e Paco & Lola e cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa LIFE +, é o primeiro proxecto da viticultura intelixente en España que cubre todos os ciclos e ten como obxectivo desenvolver un Sistema de Xestión Medioambiental sostible e produtivo para os viñedos da D.O. Rías Baixas que prevé a aparición do fungo Mildium. Life + Viñas Atlánticas.

Viñas Atlánticas está composto de tres partes principalmente:

• Unha rede meteorolóxica, formada por estacións meteorolóxicas e unha rede sensorial sen fíos de última xeración (WSN), que consta de puntos de medida e equipos concentradores comunicados.

• Un modelo matemático de análise do ciclo biolóxico do fungo Mildium.

• Unha plataforma web (multidispositivo) de xestión que integra toda a información recollida cunha rede meteorolóxica e co modelo matemático para medir o nivel de risco do fungo Mildium, así como para lle permitir ós viticultores ter todos os datos da campaña nun libro de explotación en formato dixital.

O resultado do proxecto é un Sistema Integrado de Xestión de viticultura, onde os medios tradicionais de facer viticultura na rexión do Salnés, vincúlase co uso das TIC para mellorar as habilidades de xestión, comunicación e información, obtendo unha mellora na sustentabilidade ambiental e económica dun sector tan importante para Galicia como é o vitivinícola.

Outros premios
O pasado 5 de febreiro o proxecto da Deputación de Pontevedra foi elixida como finalista na categoría "Mellor proxecto de entidade destinado a pemes, microempresas e autónomos" co proxecto Viñas Atlánticas". A iniciativa da Deputación xa foi galardoada Co Premio Ineo ao “Produto ou Servizo TIC máis innovador do 2012”, dentro dos Premios de Galicia das Telecomunicacións 2012 e a semana pasada tamén recibiu o Premio Eganet 2012 ao mellor “Proxecto Colaborativo Empresarial TIC”.

O vindeiro 21 de febreiro as 19:30 horas daranse a coñecer no Museo del Traje en Madrid os gañadores das distintas categorías no desenvolvemento da cerimonia de entrega dos premios FUNDETEC. Os proxectos gañadores recibirán un trofeo conmemorativo creado polo artista José Luis Berrocal ao que engadiráse un premio en metálico de 15.000 euros.

No hay comentarios: