viernes, 5 de julio de 2013

La Diputación crea la 'ruta litoral Rías Baixas' para fomentar la promoción turística

• A ruta está dividida en tres tramos: Catoira-Pontevedra, Pontevedra-Morrazo-Vigo, e Vigo-A Guarda-Tui 

A potenciación do turismo marítimo na rexión Galicia-Norte de Portugal é o principal obxectivo do proxecto PROAMARE como así estableceuse durante o Foro PROAMARE: A rede vital do mar, celebrado no Museo do Mar de Galicia en Vigo.

No acto, o que asistiu o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, xunto a directora do CETMAR, Paloma Rueda, e o Presidente do Consello de Administración da Fundación Gil Eannes, José María Costa; se trataron diferentes formas de abordar estratexias turístico-económicas coas que se estimule a utilización e o disfrute dos espazos transfronteirizos como destinos turísticos de calidade.

O proxecto Proamare conta cun orzamento de 862.000 euros, dos que o 75% proceden dos Fondos Feder e o 25% das entidades colaboradoras.

Ata o de agora, case 40 entidades sociais e institucionais se adheriron para poder colaborar, aportar ideas e impulsar e fomentar actividades vencelladas aos fins do proxecto.

Neste senso, o Presidente da Deputación destacou a creación da Ruta Litoral Rías Baixas Pontevedra, “unha ruta por terra que discorre pola costa sur da Ría de Arousa, da ría de Pontevedra e pola de Vigo. Trátase dunha ruta a medida na que o turista poderá visitar pobos e lugares nos que o mar constitúe a súa principal fonte de paisaxe e riqueza, e que poderá visitar en torno ás súas preferencias, tempo e dirección que máis lle conveña”.

Tres tramos de ruta
Catoira-Pontevedra: Parte de Catoira onde o turista e visitante pode admirar as Torres de Oeste. Continúa cara a Carril e Vilagarcía de Arousa dende onde se parte cara Vilanova de Arousa, Illa de Arousa, ou Cambados para visitar Fefináns e o barrio mariñeiro de Santo Tomé do Mar. Tómase dirección ao Grove onde se pode visitar o complexo Intermareal Umia-O Grove a Illa da Toxa ou o Aquariumgalicia. Seguindo pola costa, pasando pola praia da Lanzada, Portonovo e Sanxenxo. No mesmo marxe da ría de Pontevedra chégase a Combarro, considerado conxunto de Interese Artístico, e ó Mosteiro de Poio para rematar este tramo de ruta en Pontevedra.

Pontevedra-Morrazo-Vigo: Tómase rumbo cara Marín onde se atopa a Escola Naval seguindo dirección Bueu, vila pesqueira onde se localiza o Museo Massó. De aí a Cangas onde admirar as Illa de Ons e a de Onceta. Seguindo a costa chégase á vila mariñeira de Moaña e continuando a ruta por Vilaboa chégase a Arcade onde se pode visitar o Castelo de Soutomaior. Continúase a ruta pasando por Redondela e chégase a Vigo onde se pode visitar o Museo do Mar de Galicia, as illas Cíes ou as de Ons.

Vigo-A Guarda-Tui: Seguindo a costa pásase por numerosas praias ata chegar á vila mariñeira de Baiona, antigamente chamada Erizana, primeiro lugar que tivo coñecemento do descubrimento de América coa arribada ó seu porto da carabela "A Pinta". Continúase a ruta cara Oia onde se atopa o Mosteiro de Santa María de Oia. Avanzando na ruta, chégase ó municipio da Guarda onde se atopa o castro romanizado máis importante de Galicia, o monte Santa Trega. Xa no centro da Guarda pódese visitar a vila e o museo do mar. O final deste tramo sitúase no municipio de Tui onde se pode visitar a súa Catedral.

No hay comentarios: